Citas


Aristóteles

Somos o que facemos cada día. De xeito que a execelencia non é un acto, senón un hábito.

Azorín

Colocade unha cousa despois doutra [...] Non observastes que o defecto dun orador ou dun escritor consiste en que coloca unhas cousas dentro doutras, por medio de parénteses, de apartados, de incisos e de consideracións pasaxeiras e incidentais? [...] As cousas deben colocarse [...] segundo a orde en que se pensan, e darlles a debida extensión. Mais a dificultade está... en pesar ben.

Blaise Pascal


O último que un sabe é por onde empezar.

Daniel Cassany

Canto máis rica sexa a capacidade de refacer a frase con novas ideas, máis doado será redactar e máis creativa será a escritura.

Daniel Cassany

Chegamos ao fondo da cuestión, á esencia da escritura: a prosa, a frase.

David Allen

Ao final aprendín a elaborar esquemas: primeiro escribía o informe e logo elaboraba o esquema a partir del.

David Murray

Redactar non é un asunto de corrección no que se seguen as pautas expresadas nun manual. O escritor ten que regresar unha e outra vez ao texto para considerar que é o que significa a escritura, a escritura non é o que o escritor fai despois de pensar; [...] a escritura é pensamento.

Ernest Hemingway

Emprega frases curtas. Que o teu primeiro parágrafo sexa breve. Usa unha lingua vigorosa. Sé positivo, non negativo.

François Richaudeau

Utiliza, a poder ser, as palabras máis sinxelas, máis breves e correntes.

François Richaudeau

Que os termos máis importantes vaian ao comezo de cada frase.

Goethe

Todo o pasaxeiro é só unha metáfora.

Maria Teresa Serafini

A miúdo, a forma dun escrito conta tanto coma o seu contido.

Maria Teresa Serafini

Os parágrafos desempeñan no texto a mesma función ca as pilastras nunha casa: a estrutura da construción.

Martín Sarmiento

Escribo como falo.

Miguel de Unamuno

O que pon por escrito os seus pensamentos, as súas fantasías, os seus sentimentos, vainos consumindo, vainos matando [...] A historia, o único vivo, é a ponte eterna, o intre fuxidío que queda pasando, que pasa quedando, e a literatura non é máis que morte.

Roberto Lesina

Redáctese directamente o texto en forma de seccións introducidas por títulos, que permitan identificar e delimitar os diversos argumentos. Máis en concreto, escríbase sempre mediante sucesións de parágrafos distintos, illando as ideas singulares e tratándoas completamente noutros tantos parágrafos.

Roberto Lesina

Ordénese e claréxese o discurso, respectando unha correcta secuencia lóxica de exposición e realizando un desenvolvemento progresivo dos argumentos. Preséntense os conceptos xerais antes que os particulares, os conceptos elementais antes que os derivados. Pártase das cousas simples para chegar ás complexas. [...) En fin, cóidese de homoxeneizar o discurso.

Voltaire

Unha palabra mal colocada estraga o máis belo pensamento.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participares nesta páxina.