xoves, 16 de xuño de 2016

Numerais


Os numerais son palabras que expresan un número, unha posición nunha serie, unha multiplicación ou unha partición.
Segundo o que expresen, hai catro os tipos de numerais:

· Os cardinais expresan unha cantidade: tres peras.
· Os ordinais expresan orde nunha sucesión: chegou en terceira posición.
· Os multiplicativos expresan multiplicación:  gaña o triplo ca min.
· Os partitivos expresan división: comemos un terzo da torta.

Nesta entrada tamén atoparás uns cadros cos principais numerais, outras palabras consignificado numeral, grafías particulares dos numerais e a numeración dashoras.   
 


luns, 6 de xuño de 2016

Maiúsculas e minúsculas

O alfabeto galego consta de vinte e tres letras e seis dígrafos cos que se escriben todas as palabras do idioma. Cada letra e cada dígrafo teñen dúas variantes ortográficas, unha en minúscula (a, b, c...) e outra en maiúscula (A, B, C...). O habitual é escribir as palabras con letras minúsculas, deixando as maiúsculas iniciais para marcar determinadas partes do texto e para salientar algunhas voces. O uso da maiúscula é, pois, un recurso gráfico para distinguir determinadas palabras.

B. Maiúscula inicial para salientar certas palabras

   2. Nomes de animais e cousas singularizadas

   3. Nomes de lugar

   5. Nomes de organizacións, institucións, empresas e outras entidades


Claves para unha redacción eficaz


Nesta presentación atoparás unha serie de indicacións sinxelas que te guiarán no acto de escribir.