Glosarios




En 2001 publicouse o Léxico da construción, primeiro corpus terminolóxico deste ámbito en lingua galega, con máis de tres mil setecentos termos tratados, coas súas equivalencias en castelán e boa parte deles definidos. Este traballo, que eu coordinei, veu encher un oco necesario, mais non esgotou un campo tan ricaz como o da construción, sector de gran peso económico na sociedade. Quince anos despois, o novo Glosario da construción* que se ofrece a seguir nace coa vontade de complementar o anterior. En consecuencia, continúa co criterio de combinar tradición e modernidade nas escollas, ofrecendo así mesmo a tradución para o castelán dos termos e aproveitando a valiosa información contida en novas publicacións aparecidas no decurso destes anos que se plasma nas preto de mil voces novas referidas a aspectos do sector da construción menos desenvolvidos no Léxico.





GLOSARIO DA CONSTRUCIÓN







Abreviacións empregadas

adx adxectivo

loc adv locución adverbial

loc amb locución ambigua

loc f locución nominal feminina

loc m locución nominal masculina

s substantivo

s amb substantivo ambiguo

s f substantivo feminino

s m substantivo masculino

sin sinónimo total

sin compl sinónimo complementario

v intr verbo intransitivo

v pr verbo pronominal

v tr verbo transitivo

véx véxase




*Quero agradecer a colaboración desinteresada de Victoria Cerviño Ferrín na elaboración deste glosario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participares nesta páxina.