Comezo


Un mitin, unha conferencia ou unha charla informal, aínda falando do mesmo tema, son discursos que presentan distintas características marcadas polos seus respectivos estilos. O estilo refírese tanto ao carácter xeral dun discurso como á forma concreta que presenta a linguaxe empregada nel con que cada individuo expresa os seus pensamentos.

O estilo defínese por dous elementos formais básicos, as palabras e a entoación ao falar ou os signos de puntuación na escrita. Utilizar as palabras acaídas en cada ocasión e dispoñelas da forma adecuada son principios básicos para expresarse con corrección. O discurso compleméntase con secuencias ben entoadas ou ben puntuadas, segundo os casos, que axuden a expresar unha mensaxe con claridade.
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participares nesta páxina.