O autor


Chámome Benxamín Dosil. Son un funcionario metido a lingüista que publicou, só ou en colaboración, diversos traballos sobre léxico, terminoloxía, ortografía, redacción e estilo. Neste espazo tento resumir o que puiden entrecoller da miña experiencia e engado tamén aspectos novos pouco ou nada tratados que considero de interese.
Escribo este blog por simple divertimento coa idea de que sirva de axuda ás persoas que teñan dificultades para escribir textos. Trato de dar uns consellos básicos, con diferente nivel de exhaustividade segundo os casos,  dirixidos a mellorar o estilo de redacción de quen queira aproveitalos.

Malia o meu esforzo por achegar contidos, a mellor maneira de enriquecer o blog é coa túa participación, facendo comentarios ao final de cada entrada ou enviándome mensaxes a través da conta de correo electrónico benxamindosil@gmail.com. Prometo contestar con moito gusto.

2 comentarios:

  1. Estimado Benxamín, o meu exemplar do Dicionario de ortografía da lingua galega está desencadernado de tanto que o usei. Foi unha obra pioneira, moi manexable e moi vixente aínda. Grazas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas polas túas palabras, que me animan a seguir. Unha aperta.

      Eliminar

Graciñas por participares nesta páxina.