A
concordancia é a correspondencia morfolóxica entre determinadas partes de dúas ou máis
palabras, que establece unha relación entre elas. Hai dous tipos principais de
concordancia: a concordancia nominal e a concordancia verbal. Os determinantes e os adxectivos concordan
co substantivo ao que se refiren en xénero (masculino ou feminino) e en número
(singular ou plural). O verbo e o
suxeito concordan en número e persoa (primeira, segunda ou terceira). O
tipo de modificadores e a súa colocación con respecto ao substantivo, así como
a presenza de determinados elementos no suxeito da oración, son aspectos que
van influír na concordancia.
