A
concordancia é a correspondencia morfolóxica entre determinadas partes de dúas ou máis
palabras, que establece unha relación entre elas. Hai dous tipos principais de
concordancia: a concordancia nominal e a concordancia verbal. Os determinantes e os adxectivos concordan
co substantivo ao que se refiren en xénero (masculino ou feminino) e en número
(singular ou plural). O verbo e o
suxeito concordan en número e persoa (primeira, segunda ou terceira). O
tipo de modificadores e a súa colocación con respecto ao substantivo, así como
a presenza de determinados elementos no suxeito da oración, son aspectos que
van influír na concordancia.
1.Concordancia nominal
a) Concordancia
nominal en xénero e número
Os
determinantes e os adxectivos concordan en xénero e número co substantivo ou pronome
ao que acompañan. No seguinte cadro resúmense as variables posibles, con un ou
varios substantivos, con un ou varios determinantes, en masculino e feminino,
en singular e mais en plural.
Un nome
|
Varios
nomes
|
|||
Singular
|
Plural
|
Singular
|
Plural*
|
|
Un determ./adx.
|
a
mesa branca
o
coche branco
|
as
mesas brancas
os
coches brancos
|
a mesa e a cadeira brancas
o coche e o autobús brancos
|
as mesas e as cadeiras brancas
os coches e os autobuses brancos
|
Varios determ./adx.
|
a
mesa branca e longa
o
coche branco e longo
|
as
mesas brancas e longas
os
coches brancos e longos
|
a mesa e a cadeira brancas e longas
o coche e o autobús brancos e longos
|
as mesas e as cadeiras brancas e longas
os coches e os autobuses brancos e longos
|
* Repárese na
ambigüidade que se dá nos exemplos desta columna, pois cambia o significado
segundo os adxectivos modifiquen o segundo substantivo ou os dous.
b) Substantivos
do mesmo xénero coordinados
Dous
ou máis substantivos ou pronomes do mesmo xénero coordinados en singular
referidos a cousas diferentes concordan co adxectivo e co
determinante en plural: caderno e libro brancos, luz e calor intensas. [Véxase abaixo “Concordancia do
adxectivo” ].
c) Substantivos
de distinto xénero coordinados
Dous
substantivos ou pronomes de distinto xénero coordinados en singular concordan
cos adxectivos e determinantes que os modifican en masculino plural: chegaron el e ela xuntos; foron Pedro e Xoana, eses
dous trouleiros. [Repárese
na diferenza con: comprei libros e
froitas frescas, onde o
adxectivo só se refire ao segundo substantivo].
d) Substantivos
epicenos e colectivos
Os
substantivos epicenos refírense por igual a persoas de ambos os sexos mentres
que os substantivos colectivos, tendo número singular, designan unha
pluralidade de individuos. Nestes dous casos, a concordancia establécese en
función do xénero e número gramatical do substantivo e non do sexo do
referente: moitas persoas, pouco
público.
e) Particularidades
dalgunhas concordancias nominais
Concordancia
do determinante
· Nos numerais cardinais en
función de ordinais, pode darse que o numeral concorde co substantivo ao que
acompaña: páxina duascentas; ou que concorde co substantivo elidido ‘número’:
páxina [número] douscentos.
Varios
numerais ordinais coordinados en singular poden acompañar un substantivo en
singular ou en plural. Este vai en plural cando precede os numerais: pisos
primeiro e segundo; pero se o substantivo vai posposto aos numerais, pode
ir en singular ou en plural: cuarto e
sexto piso[s].
· Os determinantes manteñen a concordancia de
xénero e de número co substantivo
omitido: o [río] Miño, o [mar] Cantábrico; os [montes] Pireneos.
· É obrigatorio repetir o determinante que modifica cada un dos substantivos
coordinados: o pai e o fillo,
o corazón e os pulmóns están sans. Exceptúase o caso dos substantivos
unidos mediante ‘ou’ cando son sinónimos, no que se omite o segundo
determinante: por fin probamos a chuvisca ou [Æ] orballo de
Galicia; e
tamén nos coordinados con ‘e’ cando aluden a aspectos parciais dun todo: o seu
coidado e [Æ]
dedicación foi total;
o
amigo e [Æ]
amante presentouse.
[Repárese na diferenza con o
amigo e o amante presentáronse, frase que se refire dúas
persoas distintas. Véxase arriba “Substantivos do mesmo xénero coordinados”].
· Nas expresións
formadas por ‘nada’, ‘algo’, ‘moito’, ‘tanto’, etc., seguidas da preposición
‘de’ e un adxectivo, este último tende a se usar en masculino singular: eses monxes teñen algo de misterioso, as rías galegas teñen moito
de enxebre.
Concordancia
do adxectivo
· Un adxectivo
anteposto que modifica varios substantivos coordinados concorda só co
primeiro deles: a obrigatoria selaxe e control fronteirizos, o obrigatorio control e selaxe
fronteirizos. Ora ben, danse algunhas excepcións referidas a nomes propios de
persoa, de cidades ou a apelativos persoais: os atentos Carlos e Ana, as laboriosas avoa e neta, as populosas [cidades] Vigo e A Coruña. O mesmo pasa cos adxectivos
en función predicativa: estaban feridos o pai e os fillos.
· Un adxectivo
posposto que modifica varios substantivos coordinados pode concordar en
singular co máis próximo ou cos dous: a
xente de nacemento e fala galega[s]. Ás veces, a coordinación serve
para unir sinónimos: despezan o pobo e
xente galega. [
Véxase arriba
“Substantivos do mesmo xénero coordinados”].
· Un substantivo
anteposto a dous ou máis adxectivos coordinados que o modifican vai en singular
e coloca, polo xeral, o artigo antes do último adxectivo: o partido primeiro e [o]
segundo, fala a lingua inglesa e [Æ] francesa; ou en plural omitindo o
artigo antes do adxectivo: os partidos primeiro e [Æ]
segundo, fala as linguas inglesa e
[Æ] francesa.
· Un substantivo
posposto a dous ou máis adxectivos coordinados que o modifican vai en singular:
primeiro e segundo partido, a medio e longo prazo, Antigo e Novo Testamento.
· Determinados nomes
de cores (aqueles tomados de nomes de animais, froitas, flores, etc.) van
sempre en singular: fachadas [de cor] salmón, zapatos [de cor] cereixa, blusas [de cor] lila. Tamén permanecen invariables os nomes de cores
compostos de dous elementos: saias [de cor] branco óso, coches [de
cor] verde cinza, chaquetas [de cor] azul mariño.
· O segundo elemento dos sintagmas compostos por dous substantivos, que funciona como
adxectivo modificador do primeiro, tamén vai en singular: vagóns cama, mulleres obxecto, pisos piloto, palabras clave,
horas punta. Non así cando os
substantivos van separados polos verbos ‘ser’, ‘resultar’ e similares: esas palabras son claves para entender o asunto.
· Nos sintagmas
compostos de dous ou máis adxectivos soldados, só o último deles concorda
co substantivo: fórmulas fisicoquímicas, teoría socioeconómica, tratados franco-alemáns.
Coordinación
de elementos
A
conxunción ‘ou’ serve, en ocasións, para relacionar dous elementos sinónimos
sinalando a identidade entre eles. Neste caso, se une substantivos de distinto
xénero, o adxectivo modificador, adoito posposto, mantense en masculino
singular: o pau ou barra usado. [Véxase arriba un caso similar
en “Concordancia do adxectivo”, cando un adxectivo vai posposto a varios
substantivos coordinados que se conciben como unha unidade].
Mais ‘ou’ tamén pode indicar disxunción entre dous elementos, non sempre excluínte, senón que pode expresar ao mesmo tempo suma (ou sexa, coordinación, no canto de ‘e’) e alternativa. Se une substantivos de distinto xénero, o adxectivo que os modifica toma masculino plural: a perna ou o brazo rotos. [Véxase arriba “Substantivos de distinto xénero coordinados”].
Mais ‘ou’ tamén pode indicar disxunción entre dous elementos, non sempre excluínte, senón que pode expresar ao mesmo tempo suma (ou sexa, coordinación, no canto de ‘e’) e alternativa. Se une substantivos de distinto xénero, o adxectivo que os modifica toma masculino plural: a perna ou o brazo rotos. [Véxase arriba “Substantivos de distinto xénero coordinados”].
2.
Concordancia verbal
a) Concordancia verbal en
número e persoa
O
verbo da oración concorda en número e persoa co suxeito.
Singular
|
Plural
|
|
1ª
persoa
|
eu
camiño
|
nós
camiñamos
|
2ª
persoa
|
ti
camiñas
|
vós
camiñades
|
3ª
persoa
|
el/ela
camiña
|
eles/elas
camiñan
|
As
regras xerais de concordancia son as seguintes:
● Un
suxeito en singular require o verbo en singular e un suxeito en plural require
o verbo en plural:
-Un
suxeito en primeira persoa (eu, nós) require un verbo en primeira persoa: eu camiño
moito, nós camiñamos moito.
-Un
suxeito en segunda persoa (ti, vós) require un verbo en segunda persoa: ti camiñas
moito, vós camiñades moito.
-Un
suxeito en terceira persoa (el, ela, eles, elas) require un verbo en terceira
persoa: ela camiña moito, elas camiñan
moito.
●
Varios suxeitos en singular coordinados requiren o verbo en plural:
-Se un
dos suxeitos é un pronome de primeira persoa do singular, eles requiren un
verbo en primeira persoa do plural: a
nena e mais eu camiñamos moito.
-Se un
dos suxeitos é o pronome de segunda persoa do singular e non hai ningún de
primeira, eles requiren un verbo en segunda persoa do plural: a nena e mais ti camiñastes moito.
-Se un
dos suxeitos é o pronome de terceira persoa de singular e non hai ningún de primeira
nin de segunda, eles requiren un verbo en terceira persoa do plural: a nena e mais el camiñaron moito.
b) Particularidades dalgunhas
concordancias verbais
Suxeito composto
por varios membros coordinados
● En
xeral, o verbo concorda en plural, como queda dito: o pan e o viño non faltaron
na comida.
● Tamén
concorda en plural o verbo ‘ser’ en oracións copulativas cando o suxeito e o
atributo teñen distinto xénero: a miña
aldea son prados verdes e ceos
grises.
● Pode
levar verbo en singular ou en plural a oración cuxo suxeito vai seguido de
certos incisos: Pedro, ademais de Iria, opina que si; a cantante, xunto co resto
de músicos, fixeron un bis.
● O verbo
vai en singular o verbo con suxeito múltiple posposto: gústame a gaita e a
muiñeira.
● Igualmente
vai en singular o verbo cuxo suxeito está formado por varios infinitivos: cantar e bailar é o que máis lle gusta.
Suxeito en singular
e verbo en plural
● Pode
ir en plural o verbo cun suxeito referido a unha colectividade: ei, pobo galego, xa tedes/tes democracia!
● Tamén
pode ir en plural o verbo cuxo suxeito vai seguido dun longo inciso: medio equipo, uns cansos e outros decepcionados,
decidiu/decidiron parar.
Suxeito en plural
e verbo en singular
As
oracións impersoais con ‘se’ só admiten verbo en terceira persoa do singular: nomeouse
os membros do tribunal. Pola contra, nas oracións de pasiva reflexa, o
suxeito paciente debe concordar co verbo: nomeouse o membro do tribunal ; nomeáronse
os membros do tribunal.
Outros
verbos impersoais tamén deben ir sempre en terceira persoa do singular: había
moito traballo, vai frío.
Suxeito referido
a unha colectividade
Debe usarse o verbo en singular cando o suxeito se refire a un conxunto de elementos
tamén en singular: moita xente participará na festa. Esta indicación convértese nunha recomendación nestoutros casos en que se mantén unha concordancia gramatical: gran parte dos
críticos abandonou a sala; unha
multitude de asistentes aplaudiu;
a metade dos traballadores decidiu
secundar a folga. Ora ben, se a concordancia é de sentido o verbo pasa a plural: gran parte dos críticos abandonaron a sala; unha multitude de asistentes aplaudiron; a metade dos traballadores decidiron secundar a folga.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participares nesta páxina.