A
linguaxe chá ou clara é aquela cuxos destinatarios entenden á primeira. Podemos
identificar a linguaxe clara polas súas características: doada de ler, de entender
e de comunicar. Palabras sinxelas, frases e parágrafos curtos e ideas ben estruturadas son elementos
asociados á clareza lingüística.
O
uso da denominada plain linguage,
linguaxe clara ou linguaxe chá promóvese desde hai varias décadas en diversos
países co obxectivo xeral de que a información producida sexa facilmente comprensible para
os seus destinatarios. Partillando o acto de escribir nas súas fases
principais, extraeuse unha serie de recomendacións agrupadas nas seguintes epígrafes que son a base deste artigo:- O obxecto: de que vou escribir?
- O público: a quen me vou dirixir?
- As ideas: como podo organizar as miñas ideas?
- A disposición: como coloco os datos?
- A escritura: como empezo?
- As palabras: como podo recoñecer as palabras claras?
- O verbo: por que o verbo?
- As frases: como redacto as mellores frases?
- Os parágrafos: como constrúo os parágrafos?
- A revisión: para que revisar?
1 1 O obxecto
· Escollo o
tema ou propósito xeral.
· Fago
unha lista cos asuntos que se me van ocorrendo relacionados con el.
· Agrupo
eses asuntos por afinidades.
·
Desfágome dos superfluos.
·
Identifico os ocos restantes e procuro enchelos buscando información.
Se a cousa
non arranca, podo usar a técnica das
preguntas, respondendo aos asuntos básicos que hai detrás de calquera
texto:
Que? O esencial.
Quen?
As persoas.
Cando?
O tempo.
Onde? Os lugares.
Como? Os feitos.
Por
que? As causas.
Tamén podo
formular outras cuestións que enriquecerán o meu texto.
É posible
complementar a técnica anterior empezando frases e deixándoas con puntos
suspensivos, que logo debo encher de contido:
- Vou falar de...
-
As persoas implicadas son...
-
Sucedeu durante este tempo...
-
Menciono os lugares seguintes...
-
Explico os feitos, as circunstancias...
-
Causas ou razóns dos feitos...
-
Etc.
1 2 O público
A quen me vou dirixir?
Quen vai ler o meu texto?
Distingo dous
tipos de destinatario segundo o ámbito a que vaia destinado o texto:
· Ámbito
particular: superiores, subordinados, alumnado, xuventude, persoas maiores,
etc.
· Ámbito
xeral: o texto douno a coñecer abertamente ou publícoo.
Que características ten o público específico
ao que me dirixo?
- Que coñecementos ten sobre o tema de que vou escribir?
- Que aspectos lle poden resultar máis interesantes?
- Está máis sensibilizado sobre algunha cuestión específica?
- Sei cal é o seu nivel de formación?
- As persoas viven todas nos mesmos ámbitos?
- Coñezo as súas idades?
- A que se dedican?
Que pasa se non coñezo o meu
público?
A miña
mensaxe corre o risco de non chegar en condicións ao seu destino.
- Se non teño ben identificado o teu público antes de redactar, será como se non me comunicase con ninguén.
Como podo espertar o interese do
lector?
-Tratarei de
ver o tema desde o seu punto de vista.
- Asegurareime
de que o texto dea resposta ás preguntas que poida formular sobre o asunto.
- Omitirei
toda información que non vai precisar: centrareime en exclusiva nos contidos
que necesite.
- Os datos que obteño sobre o público axudaranme a decidir o ton e os termos do texto.
3 As ideas
Como podo organizar as
miñas ideas?
Podo organizar
a miña lista de
ideas improvisada de varios
xeitos dependendo do que queira
conseguir.
O esquema
Consiste
nunha lista de ideas dispostas en columnas verticais:
|
1º nivel
|
2º nivel
|
3º nivel
|
|
I.
|
|
|
|
|
a)
|
|
|
|
|
a.1)
|
|
|
|
a.2)
|
|
|
b)
|
|
|
|
|
b.1)
|
|
|
c)
|
|
|
|
|
c.1)
|
|
|
|
c.2)
|
|
|
|
c.3)
|
|
II.
|
...
|
...
|
|
III.
|
...
|
...
|
Coloco todos
os elementos do mesmo nivel na mesma columna
procurando que haxa polo menos
dous subniveis de cada idea
principal. Logo, poderei desenvolver a composición escrita
de forma
doada.
As ideas serán máis importantes canto máis á esquerda vaian
colocadas.
colocadas.
A clasificación
Consiste en
agrupar as ideas por grupos que teñan características
comúns. As relacións
semánticas que se poden presentar son de
tres tipos:
- Inclusión: criterio para decidir que elementos
entran en cada grupo.
- Exclusión: criterio para decidir que elementos
non entran nun grupo.
- Intersección: criterio para detectar características
parcialmente
comúns a varios elementos.
Entre varias ideas é posible establecer relacións que sirvan
para estruturar e unificar o texto.
para estruturar e unificar o texto.
A xerarquización
Serve para
dispor as ideas por orde de importancia. É unha técnica
moi necesaria sobre
todo se o meu texto é de tipo expositivo ou
argumentativo, que desenvolven unha
idea central a través das
súas características ou das razóns que a sustentan. Por exemplo:
O
proceso de derruba desta ponte en mal estado divídese en tres fases. A primeira
consiste en decidir a maneira de acometer a obra e mercar os materiais
necesarios. A segunda refírese ao proceso de derruba propiamente dito nas
mellores condicións de seguridade posibles. Por último, a terceira ten que ver
coa recollida do entullo e a limpeza da zona afectada.
4
A disposición
Como
coloco os datos?
A estrutura
básica dun texto
consta destes tres elementos:
· Introdución
· Corpo
· Conclusión
Que meto na introdución?
- Sitúo o
lector no tema en xeral.
- Indícolle a
estrutura básica do texto.
Que poño na conclusión?
- Resúmolle o
texto ao lector a través das ideas centrais.
- Procuro ser claro, conciso e pertinente.
E, no corpo do texto?
- Recollo os
contidos propiamente ditos da miña composición.
- Desenvolvo
as ideas principais enlazando cada unha coas
secundarias asociadas.
- Divido o conxunto
en seccións curtas, cada unha co seu
encabezamento (que logo poderei eliminar,
se o desexo).
- Distribúo
os elementos de forma lóxica e congruente seguindo o
meu razoamento expositivo.
- Sitúo a
información complementaria fóra do texto principal en
apéndices ou anexos.
Valoro se é posible substituír unha parte do
texto por
esquemas, gráficos ou imaxes.
Que NON debo facer?
- Empezar a
redactar sen unha idea clara do tema.
-Incluír
ideas escuras ou incompletas.
-Conservar
información irrelevante.
-Cortar e
pegar directamente de Internet.
-Reaproveitar
textos de diferentes autores e épocas sen adaptalos.
Debo
citar as persoas e as fontes das que tomo directamente
información.
5
A escritura
Como
empezo?
· Empezo
da forma máis sinxela que podo.
· Fágoo
por onde mellor se me amañe.
· Agora
esquezo a perfección.
· Teño en
conta o esquema inicial, que podo cambiar conforme redacto.
· Consulto
novas fontes documentais cando quero completar a información.
Cando
escribo, expreso ideas. Escribir é pensar.
Aspectos centrais da redacción
Os
constituíntes principais dunha composición escrita son a palabra, a frase e o
parágrafo.
Uso palabras:
- Correctas
- Concretas.
Evito palabras repetidas e innecesarias.
Constrúo frases:
- Cun tamaño
equilibrado.
- Cunha orde
lóxica de elementos.
Evito as reviravoltas e as oracións
encadeadas.
Estou moi atento:
- Á
colocación de cada frase dentro do parágrafo.
- Á
disposición dos parágrafos ao longo do texto.
Podo construír parágrafos de varios tipos:
- Expositivo, é obxectivo e claro.
- Descritivo, presenta características.
- Narrativo, conta feitos.
- Argumentativo, achega razóns.
E, despois de escribir...
- Procuro ler
o meu traballo con outros ollos, coma se fose un lector.
- Fago varios
borradores, que vou perfeccionando.
- Reviso
tanto a forma como o contido do texto.
Primeiro céntrome nas melloras de contido do
meu traballo e deixo para o final os aspectos formais.
6
As palabras
palabras claras?
Para buscar un léxico claro escolle palabras:
Ø
Sinxelas
Ø
Breves
Ø
Concretas
A sinxeleza
●
Uso palabras sinxelas:
|
Peor
|
Mellor
|
|
de conformidade con
|
segundo
|
|
en relación con, con respecto a
|
sobre
|
|
de cara a
|
para
|
|
no caso de que
|
se
|
|
Peor
|
Mellor
|
|
facilmente
|
con facilidade
|
|
indubidablemente
|
sen
dúbida
|
|
comunmente
|
polo
común
|
|
xeralmente
|
en
xeral
|
|
Peor
|
Mellor
|
|
clarificar
|
aclarar
|
|
conspicuo
|
sobresaínte
|
|
eximio
|
excelente
|
|
concomitante
|
unido
|
Word ofrece unha
lista de sinónimos da palabra marcada premendo o botón dereito.
A brevidade
Na expresión,
busco o camiño máis curto:
●
Prescindo do evidente:
como
é sabido, na miña opinión persoal, en función de, evidentemente, respectivo
ou da parte
innecesaria:
serio
problema, amigo persoal, pura verdade,
auténtico protagonista, verdadeira
pena
●
Evito repeticións de ideas e redundancias léxicas:
entrar dentro, subir
arriba, oito especies diferentes, reserva previa, lapso de tempo
As mensaxes
breves teñen máis forza e chegan antes ao lector que as longas.
A concreción
As mensaxes
concretas son claras. Procuro chamarlles ás cousas polo seu nome, afastándome
dos rodeos:
|
Peor
|
Mellor
|
|
incremento negativo
|
redución,
diminución
|
|
oportunidades de emprego
|
postos
de traballo
|
|
flexibilizar o mercado laboral
|
abaratar
o despedimento
|
|
emprego remunerado
|
traballo
pagado
|
7
O verbo
Por
que o verbo?
Porque é o
piar da expresión, o que sostén as demais palabras. O verbo é a parte da oración
que expresa a acción, condición ou estado do suxeito. Cos verbos podo matizar:
- O tempo presente, pasado ou futuro.
- A persoa primeira, segunda ou terceira.
- O número singular ou plural.
- A acción acabada ou non.
- A acción real, desexo ou mandato.
Tres consellos para usar os verbos
Mellor a activa que a pasiva
A voz activa
expresa accións que realizan os suxeitos:
O
albanel construíu a casa
Na voz
pasiva, o suxeito recibe a acción do verbo:
A
casa foi construída polo albanel
A voz activa é máis directa e require menos
palabras que a pasiva.
Uso verbos con significado
Cambio dos
verbos ‘comodín’ por outros con máis forza:
Peor
|
Mellor
|
poñer atención
|
prestar atención
|
ter un cargo
|
desempeñar un cargo
|
dicir unhas palabras
|
pronunciar unhas palabras
|
dar un problema
|
ocasionar un problema
|
Coidado coa concordancia verbal
· O suxeito
e o verbo concordan en número e persoa:
-1ª persoa do plural: nós
cantamos
-2ª persoa do plural: vós
cantades
-3ª persoa do plural: eles/elas
cantan
· Cando os
suxeitos son distintos o verbo vai en plural:
O sol
e a calor son permanentes
· Cando os
suxeitos se refiren á mesma cousa ou á mesma persoa, o verbo vai en singular:
A
estudante e xogadora caeume simpática
· Cando o
suxeito é un nome colectivo, o verbo vai polo xeral en singular:
A
xente axudou no incendio
Noutro caso,
o verbo irá en plural cando cumpra:
As
persoas axudaron no incendio
As faltas de concordancia provocan erros de
comprensión.
8
As frases
Como redacto as mellores frases?
Tamaño
Unha frase non
debe superar as 20 palabras de media.
Para reducir a lonxitude da frase, limito os incisos moi extensos, cambiándoos por novas frases ou suprimíndoos.
Orde de elementos
Dispoño os
elementos segundo a súa orde máis habitual: suxeito, verbo e complementos.
Podo colocar o importante ao primeiro para salientalo:
As
chamadas recibiraas a xefa
(No lugar de: a xefa recibirá as chamadas)
(No lugar de: a xefa recibirá as chamadas)
Estilo
-Busco un estilo activo para salientar a posición do
suxeito da acción.
-Reduzo
os xerundios de posterioridade ou os que explican algo do suxeito.
-Procuro
redactar en positivo evitando acumular negacións.
Concordancia
· Os
substantivos ou os pronomes concordan cos determinantes e adxectivos que os modifican
en xénero e número:
luz e
calor intensas, caderno e libro brancos
· Varios
substantivos ou varios pronomes de distinto xénero concordan en masculino plural cos
seus determinantes:
chegaron
el e ela xuntos
comeron
pomelos e mazás maduros
· O
suxeito e o verbo concordan en número e persoa:
-1ª persoa: eu
canto, nós cantamos
-2ª persoa: ti
cantas, vós cantades
-3ª persoa: el/ela
canta, eles/elas cantan
· Cando
varios suxeitos son distintos, o verbo vai en plural:
O sol
e a calor son permanentes
· Cando
varios suxeitos se refiren á mesma cousa ou á mesma persoa, o verbo vai en singular:
O
estudante e xogador caeume simpático
· Cando o
suxeito é un nome colectivo, o verbo vai polo xeral en singular:
A
xente axudou no incendio
Noutro caso,
o verbo irá en plural cando cumpra:
As
persoas axudaron no incendio
As faltas de
concordancia provocan erros de comprensión.
9
Os parágrafos
Como
constrúo os parágrafos?
Tamaño
A imaxe
anterior debuxa catro tipos de parágrafos: recomendo o tipo B.
Evito os
parágrafos moi extensos, os moi reducidos e os descompensados.
(D. Cassany: La cocina de la escritura, páx. 83)
Orde de elementos
Sigo unha
orde expositiva lineal e lóxica, dispondo as ideas de forma sucesiva.
Coloco a frase
máis importante ao principio ou ao final do parágrafo.
Estilos
- Expositivo:
ofrece información sobre un asunto de forma obxectiva e clara.
- Descritivo:
presenta as características físicas ou outras dunha persoa ou dunha cousa.
- Narrativo:
conta feitos reais ou imaxinarios.
-
Argumentativo: achega razóns para fundamentar unha opinión.
Nun traballo de
clase ou nun informe administrativo adoito combinar os estilos expositivo e
argumentativo.
Colocación
· O
primeiro parágrafo: ofrece a información principal situando o lector no asunto
que se vai tratar.
· O
derradeiro parágrafo: pecha o escrito sintetizando os contidos e enlazando coa
idea principal.
· Os
parágrafos centrais: recolle cada un deles unha idea central, interconectada
coas outras, para completar a liña argumental do texto.
Tipos de parágrafos
·
Enumeración: relaciona unha serie de elementos anunciados na primeira frase.
·
Comparación: constata similitudes e diferenzas entre varios elementos
·
Desenvolvemento conceptual: explícase a idea principal anunciada ao primeiro ou
disposta ao final.
· Enunciado/solución:
exponse un problema ao que se lle dá solución.
·
Causa/efecto: exprésanse os motivos de algo e as súas consecuencias.
É frecuente
construír parágrafos de varios tipos dentro do mesmo texto.
10
A revisión
Para
que revisar?
Despois da
redacción, preciso revisar o texto para:
Ø
Clarexar
ideas.
Ø
Completar
aspectos.
Ø
Suprimir
o superfluo.
Ø
Perfeccionar
a ordenación.
Ø
Mellorar
a redacción.
Como podo clarexar as ideas?
Reagrupando
partes e variando a súa redacción podo cambiar as mensaxes escuras por outras
máis claras.
As
ideas ambiguas ou torbas transmiten unha redacción descoidada.
Como podo completar o que falta?
Consultando
novas fontes documentais e conectando mellor as ideas podo obter un texto máis
equilibrado.
Procuro
dedicarlle a cada aspecto unha extensión acorde á súa importancia.
Que podo suprimir?
Limpar a
redacción de aspectos irrelevantes, repetidos ou fóra de lugar achegarán
claridade e lixeireza ao texto.
Corrixo o meu
texto sen compaixón, coma se fose doutra persoa.
Como melloro a ordenación?
Volvendo ao
esquema inicial e desfacéndome de asuntos mesturados vou gañar en orde e
clareza.
Vou
do tronco ás pólas, procurando colocar cada cousa no seu sitio.
Como melloro a redacción?
- A estrutura do texto está equilibrada?
- Está ben salientado e matizado o importante?
- Están ben conectadas as frases e ben relacionadas as ideas?
- Uso un ton e unha expresión axeitadas?
- Emprego un estilo propio?
- Teño presente o lector?
Puntúo ben as
frases, distribúo os parágrafos ordenados por asuntos e divido o texto nas súas
partes principais.










Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participares nesta páxina.