Amosando publicacións coa etiqueta singular. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta singular. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de agosto de 2016

Formación do plural nos empréstitos




Empréstito ou préstamo é toda voz, frase ou xiro que o galego toma doutra lingua. O seu grao de adaptación, o tempo que leva no noso idioma ou que se sinta ou non como propio son aspectos que van influír na formación do plural deste tipo de termos, sexa seguindo as regras do galego, sexa conservando as formas plurais das linguas de procedencia. Tamén inflúe o seu grao de difusión e que pertenzan á lingua común ou a unha linguaxe de especialidade.