B. Maiúscula inicial para salientar certas palabras
2. Nomes de animais e cousas singularizadas
3. Nomes de lugar
5. Nomes de organizacións, institucións, empresas e outras entidades
Como norma xeral, sinalamos os nomes propios con inicial maiúscula, aínda que tamén o facemos con outros que funcionan como tales, e reservamos a minúscula para o resto de palabras comúns que figuran no texto corrido. Máis alá do previsto pola norma, certos usos da maiúscula ligados a ámbitos de actividade específicos responden antes a hábitos e costumes particulares que a criterios racionais de emprego. Esta situación pode levar a abusos que desprovexan a maiúscula da súa función específica. En caso de dúbida, consultaremos o dicionario para comprobar se un substantivo común ten algunha acepción en que deba escribirse en maiúscula. Centraremos o contido desta parte nos usos de maiúscula inicial, facendo observacións acerca da escrita en minúscula cando cumpra.
A.MIÚSCULA INICIAL PARA MARCAR A POSICIÓN DA PALABRA NO TEXTO
A.MIÚSCULA INICIAL PARA MARCAR A POSICIÓN DA PALABRA NO TEXTO
A maiúscula inicial
utilízase como un elemento complementario da puntuación marcando certas
palabras do texto que comezan un enunciado. Vexamos cada caso concreto xunto
coas excepcións que pode presentar.
a)
Palabra inicial dun escrito
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
|
Palabra inicial dun escrito
|
Deben dotarse os artigos
de contido normativo, obviando motivacións e explicacións.
|
b)
Palabra precedida de punto
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
|
Palabra precedida de punto
|
Punto e seguido e punto e á parte:
Deben dotarse os artigos
de contido normativo, obviando motivacións e explicacións. Tampouco deben
conter desexos, intencións, declaracións nin formulacións innecesarias ou
carentes de sentido.
Debe evitarse, así
mesmo, o emprego de expresións de posibilidade (...).
|
c)
Palabra precedida de dous puntos
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
Con
minúscula
|
|
Palabra precedida de dous puntos
|
Cando a palabra vai en liña distinta que os dous puntos:
A parte dispositiva
ordenarase internamente adoptando a seguinte estrutura:
Disposicións xerais.
Parte substantiva.
Parte procedemental.
Parte final.
|
Cando a palabra vai na mesma liña que os dous puntos:
Parte dispositiva:
sistemática e división.
|
d)
Palabra precedida de puntos suspensivos
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
Con
minúscula
|
|
Palabra precedida de puntos suspensivos
|
Cando estes pechan un enunciado: Pensou
que sería mellor deixalo quedar así... Máis tarde cambiou de opinión.
|
Cando estes non pechan un enunciado:
Pensou mercar froita e
verdura... e tamén colleu leite e ovos.
|
e)
Palabra precedida dos signos de peche de interrogación ou exclamación
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
Con
minúscula
|
|
Palabra precedida dos signos de peche de interrogación ou
exclamación
|
Cando estes signos pechan un enunciado:
Que opinas de Xoán? Eu
non o vexo moi centrado.
|
Cando estes signos non pechan un enunciado:
Que opinas de Xoán? e de
seu irmán?
|
B. MAIÚSCULA INICIAL
PARA SALIENTAR CERTAS PALABRAS
O segundo gran emprego da
letra inicial maiúscula é para distinguir os nomes propios ou tamén, os nomes
comúns que funcionan como propios. Vexamos cada caso concreto xunto coas
principais excepcións que pode presentar, ou sexa, cando unha palabra non funciona como
nome propio ou cando alude a un de forma xeral.
1. NOMES DE PERSOA E
TÍTULOS PERSOAIS
a)Nomes,
apelidos e apelativos
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Nomes de pía
|
Lino, Xosé, Antía, Noela
|
|
Apelidos
|
Laxe, Senra, Couto,
Vilas
|
|
Hipocorísticos
|
Pepe, Fuco, Nucha, Lola
|
|
Sobrenomes (alcumes, pseudónimos, nomes artísticos, de relixión,
etc.)
|
Rañolas, Borobó, Xan das
Bólas, Xoán XXIII
|
b)
Divindades e outros
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Deuses
|
Alá, Zeus, Buda, Deus.
|
|
Atributos divinos (opcional)
|
Mesías, Profeta,
Salvador
|
|
Espazos e entidades sagradas
|
Terra Santa, a Santa
Misa, o Corpo de Cristo, as Sagradas Escrituras
|
|
Advocacións
|
a Virxe, o Fillo de Deus, o
Señor, Nosa Señora do Carme
|
c)
Personaxes ficticios
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Personaxes mitolóxicos e de ficción
|
Orestes, Ulises, Merlín,
Hamlet, Don Quixote da Mancha
|
d)
Títulos persoais
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
Con
minúscula
|
|
Formas de tratamento e outros títulos
|
-Abreviados:
D., Ilma., Excmo., Rmo.
-Non-galegos (opcional):
Monsieur, Lord, Frau
|
Escritos con todas as letras:
dona, señora, san,
virxe, ilustrísima
|
e)
Observacións
1. Cambios nos nomes
propios de persoa
|
Con
maiúsculas iniciais
|
Con
minúscula
|
|
Usados como tales:
Celestina Preto, Lázaro
Rouco
|
Lexicalizados como comúns:
celestina, lázaro, xudas,
xan
|
2. Apelidos usados en
plural ou de forma xenérica
|
Caso
|
Con
maiúscula
|
|
Apelidos en plural
|
os Souto son unha
familia moi numerosa
a dinastía dos Borbón
reina en España desde 1975
|
3. Cambios nos apelativos
por mor do seu uso antonomástico
|
Con
maiúsculas iniciais
|
Con
minúscula
|
|
Usados como propios (por antonomasia):
o Apóstolo (Santiago), o Rei Sabio (Afonso X)
|
Usados como comúns:
o apóstolo san Marcos, o
rei Sancho II
|
4. Artigos e preposicións
nos apelidos de persoa
|
Con
maiúscula inicial
|
Con
minúscula
|
|
Cando se emprega só o apelido iniciado coa partícula:
a señora De Lemos
Do Val, Pedro
|
Cando antes da partícula se menciona outra parte do nome:
Lara Gondar de
Lemos
Xoán do Val
|
5. Categorías laborais e
profesións
|
Con
minúscula
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Cando se empregan como tales:
arquitecto, enxeñeira,
director xeral, conselleira
|
-Cando forman parte dun título:
título de Graduada en
Dereito
título de Arquitecto
-Cando forman parte dun tratamento protocolario (usados en contextos
específicos):
o Excmo. Reitor da USC
a Ilma. Directora Xeral
de Orzamentos
|
2. NOMES DE ANIMAIS E
COUSAS SINGULARIZADAS
a)
Animais
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
|
Nomes de animais
|
Laica, Bigotes, Pirata
|
b)
Cousas singularizadas
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
|
Obxectos concretos
|
Durendal, Tizona,
Excálibur
|
|
Cousas abstractas
|
Verdade, Cobiza, Amor
|
c)
Personificacións
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Animais
|
Gato con Botas,
Rocinante, Nala, Simba
|
|
Plantas
|
Árbore do Coñecemento do
Ben e do Mal, Avoa Salgueiro, Home Verde
|
3. NOMES DE LUGAR
a)
Ríos e outras masas de auga
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais (a denominación específica)
|
|
Ríos e regatos
|
río Sil, regato de Tras
do Río
|
|
Lagos, lagoas e outros
|
lagoa de Antela, lago da
Serpe, encoro de Beche
|
|
Mares e océanos
|
mar Cantábrico, océano
Atlántico
|
b)
Montañas e outras formacións xeolóxicas
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais (toda a denominación)
|
|
Formacións rochosas
|
Pedregal do Pindo, Penas
Mouras
|
|
Montañas
|
Monte Louro, Pena
Trevinca
|
|
Outros accidentes do relevo
|
Ría de Vigo, Serra do Xistral
|
c)
Poboacións e outros espazos xeográficos
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais (toda a denominación)
|
|
Aldeas, vilas e cidades
|
Muíños, Carballo,
Santiago de Compostela
|
|
Concellos, comarcas e provincias
|
Terra de Celanova,
Ourense, Xunqueira de Ambía
|
|
Rexións, países, agrupacións de países e continentes
|
Oceanía, Unión Europea,
Alemaña, O Sahara, Occitania
|
|
Áreas xeográficas e xeopolíticas
|
América do Norte,
Oriente Medio, Sueste Asiático
|
d)
Vías de comunicación
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais (a denominación específica)
|
|
Estradas
|
autoestrada do Atlántico,
corredor do Morrazo
|
|
Rúas
|
rúa dos Loureiros, ruela
das Trompas
|
|
Camiños
|
camiño do Inglés, camiño
dos Faros
|
|
Rutas
|
ruta da Auga, senda do
Arenteiro
|
e)
Monumentos e outros sitios
|
Caso
|
Con
maiúscula (nuns casos toda a denominación e noutros só a denominación específica)
|
|
Casas e outros edificios
|
a casa do Rendo, o
edificio Os Piñeiros
|
|
Dependencias singulares de edificios
|
a Aula Magna, o Salón do
Trono, a Sala Capitular
|
|
Monumentos e sitios
|
o Pórtico da Gloria, a
Pedra de Abalar, a Cova do Rei Cintolo
|
|
Leiras e outros lugares menores
|
O Carballo Mouro,
Penabranca, O Cancelo
|
f)
Puntos cardinais
|
Con
minúscula
|
Con
maiúsculas iniciais (toda a denominación)
|
|
norte, sur, leste,
oeste, noroeste, nordés, sueste
|
-Cando se presentan como símbolos:
N (norte), SE (sueste), S (sur), SO
(sudoeste)
-Cando forman parte dunha denominación xeográfico-política: América do Norte, Europa do Leste, Sueste
Asiático
|
g)
Astros e outras denominacións celestes
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais (toda a denominación)
|
|
Planetas
|
Marte, a Terra, Neptuno
|
|
Estrelas
|
o Sol, Sirius, Ácrux
|
|
Constelacións e outras denominacións celestes
|
Vía Láctea, Andrómeda,
Osa Maior
|
g)
Observacións
1. Distíngase a parte
xenérica do topónimo propiamente dito.
|
Caso
|
Con
maiúscula
|
Con
minúscula
|
|
Parte xenérica e topónimo
|
-Se forma parte do topónimo:
Rúa do Vilar, Pórtico da
Gloria, Val do Dubra
-Se se refire a nomes de
lugar doutro idioma:
Rue de la Huchette, Via
dei Condotti, Oxford Street
|
río Miño, mar Báltico,
praia da Lanzada, praza do Toural, rúa dos Loureiros, claro de lúa, raiola de
sol
|
2. Ortografía das palabras
dun topónimo
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
Con
minúscula
|
|
Substantivos e adxectivos
|
Campo Lameiro, Santa
Comba
|
|
|
Resto de palabras
|
Se inician a denominación:
A Coruña, O Barco de
Valdeorras, Os Ancares
|
-Se van no medio da denominación:
Santiago de
Compostela, San Cibrao das Viñas
-Se non son parte do topónimo: a
Arxentina, a Bretaña
|
3. Topónimos con artigo
inicial
Caso
|
Con maiúscula inicial
|
Con minúscula contraído
|
Substantivos e adxectivos
|
A Coruña, O Barco de Valdeorras
|
4. Topónimos imaxinarios
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais (como tales)
|
Con
minúscula (como comúns)
|
|
Nomes de lugar fabulosos ou lendarios
|
o Edén, o Ceo, o Paraíso,
a Atlántida, a Ínsula Barataria, o País de Nunca Xamais
|
un edén, este paraíso, o
país
|
5. Denominacións usadas no
lugar dos topónimos
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Designacións usadas por antonomasia
|
a Cidade da Muralla (por Lugo)
a Terra Santa (por Palestina)
o Mare Nostrum (o mar Mediterráneo)
|
4. TÍTULOS
a)
Diversas publicacións
1. Libros sagrados
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Títulos de libros sagrados
|
a Biblia, o Antigo
Testamento, a Torá, o Corán, o Libro dos Mortos
|
2. Textos históricos
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Títulos de textos e documentos de relevancia histórica
|
Declaración Universal dos
Dereitos Humanos
Tratado de
Non-proliferación Nuclear
Declaración de
Independencia dos Estados Unidos
|
3. Publicacións periódicas
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Xornais
|
o semanario A Nosa Terra
|
|
Revistas
|
a revista Cadernos de
Lingua
|
|
Coleccións de libros
|
a colección Biblioteca
das Letras Galegas
|
|
Exposicións
|
a exposición Con-Fío en
Galicia
|
b)
Actividades sociais
1. Congresos, xornadas e
seminarios
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Congresos
|
V Congreso Galego de
Agricultura Ecolóxica
|
|
Xornadas
|
A Aplicación da Lei de
Transparencia de Galicia
|
|
Seminarios
|
Política Lingüística e
Realidade Social Hoxe
|
2. Conferencias,
exposicións e premios
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Conferencias e discursos
|
Podemos na Encrucillada
A Democracia
Participativa nos Concellos
|
|
Exposicións e mostras
|
O Románico no Camiño de
Santiago
XXV Mostra de Encaixe de
Camariñas
|
|
Premios e concursos
|
II Premio de Narrativa
Xuvenil o Pote
Concurso de Redacción
Breve a Chave
|
c)
Obras de creación
|
Caso
|
Con
maiúscula
|
|
Libros
|
Kaputt, Os outros feirantes,
A colmea
|
|
Estudos
|
Estudo sobre o
envellecemento da poboación galega en 2016
|
|
Películas
|
A lingua das bolboretas
Mellor imposible
|
|
Cadros
|
Músicos con máscaras
A muller que chora
|
|
Esculturas
|
Cabeza de fauno
A batalla dos centauros
|
|
Pezas musicais
|
Himno á alegría
Claro de lúa
O lago dos cisnes
|
|
Programas de radio ou televisión
|
Luar (programa de
televisión)
Galicia por diante (programa de radio)
|
d)
Textos normativos e documentos oficiais
|
Caso
|
Con
maiúscula
|
|
Leis, decretos, ordes, resolucións, bandos, edictos
|
Lei 3/1983, do 15 de
xuño, de normalización lingüística
Decreto 151/2014, do 20
de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia
|
e)
Plans, proxectos e outros documentos
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
|
Plans
|
Plan de emprego Galicia 2017-2020
|
|
Programas
|
Programa de formación
xuvenil
|
|
Proxectos
|
Proxecto de
desenvolvemento rural da Mariña
|
|
Outros documentos
|
Directrices de técnica
normativa
|
f)
Cursos especializados e titulacións
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Programas e cursos especializados
|
Máster en Dereito
Internacional
Curso de Posgrao sobre
Residuos Sólidos Urbanos
|
|
Títulacións de nivel
|
Graduada en Dereito, Diplomado
en Enfermaría
|
g)
Observacións
1. Títulos de obras de
creación usados por antonomasia (aínda non respectando literalmente o título
orixinal)
|
Con
maiúsculas iniciais
|
Con
maiúscula inicial
|
|
Título antonomástico:
O Quixote
A Biblia
Hamlet
|
Título completo:
O enxeñoso fidalgo Don
Quixote da Mancha
A sagrada biblia
A traxedia de Hamlet,
príncipe de Dinamarca
|
2. Nomes aproximados,
resumidos ou populares de documentos históricos
|
Varias
opcións
|
Con
maiúscula inicial
|
|
Título aproximado:
a Pepa (en España)
o estatuto/o Estatuto (en Galicia)
a lei mordaza/a Lei
Mordaza
(en España)
|
Título completo:
a Constitución española de 1812
o Estatuto de autonomía de Galicia de 1981
a Lei de seguridade cidadá de 2015
|
3. Alusións xenéricas ou
reducidas de denominacións máis concretas, partes de obras, publicacións
periódicas ou de documentos de maior extensión
|
Caso
|
Con
minúscula
|
|
Denominacións xenéricas ou reducidas
|
esta lei, todos os
ministerios
|
|
Nomes das partes de obras ou documentos
|
anexo, capítulo, título,
preámbulo, introdución, artigo
|
4. Nomes de diversos tipos
de documentos
|
Caso
|
Con
minúscula
|
|
Documentos administrativos
|
solicitude, informe,
certificado, acta, notificación, requirimento
|
|
Documentos acretitativos
|
pasaporte, documento
nacional de identidade, carné de estudante, número de identificación fiscal
|
5. Usos diversos
|
Con
maiúsculas iniciais
|
Con
minúscula
|
|
Departamento de
Matemáticas Aplicadas
|
unha clase de
matemáticas
estuda matemáticas
|
|
o Programa Marco
Horizonte 2020
|
o programa Erasmus
|
5. NOMES DE ORGANIZACIÓNS,
INSTITUCIÓNS, EMPRESAS E OUTRAS ENTIDADES
a)
Poderes, organismos e entidades vinculadas á actividade política e
administrativa
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Estruturas políticas e militares
|
Goberno, Estado,
Administración de xustiza, Xunta de Galicia, Parlamento de Cataluña, Concello
de Santiago de Compostela, Forzas Armadas, Exército do Aire
|
|
Organismos e institucións
|
Instituto Galego de
Promoción Económica, Centro Tecnolóxico da Carne, Servizo Galego de Saúde, Universidade
de Vigo, Colexio Profesional de Intérpretes
|
|
Órganos de xestión
|
Secretaría Xeral
Técnica, Dirección Xeral de Persoal, Xunta de Goberno
|
|
Unidades estruturais e funcionais
|
Laboratorio de
Restauración, Servizo de Tradución, Facultade de Farmacia, Xerencia de
Urbanismo, Negociado de Axudas
|
b)
Organizacións políticas e económicas
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Partidos políticos
|
Anova, Partido dos
Socialistas de Galicia
|
|
Outras organizacións políticas
|
Comisión de Educación,
Grupo Parlamentario Popular
|
|
Organizacións económicas
|
Fondo Social Europeo,
Banco Mundial, Banco Central Europeo
|
c)
Empresas e outras entidades
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Empresas e establecementos
|
Abanca, Banco Popular,
Hotel Peregrino, Bar Recanto, Restaurante Catro Ventos
|
|
Asociacións e outras agrupacións
|
Asociación Tras do Río,
Fundación Deporte Galego, Federación Galega de Municipios e Provincias,
Xeración Nós
|
d)
Unidades departamentais
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Unidades departamentais
|
Departamento de
Matemática Aplicada, Área de Ciencias, Consellería de Facenda
|
e)
Institucións culturais e agrupacións varias
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
|
Ensino
|
Escola Infantil o Toxo,
Facultade de Dereito, Departamento de Dereito Mercantil
|
|
Cultura
|
Real Academia Galega,
Auditorio de Galicia, Real Aeroclub Santiago
|
f)
Observacións
1. Designacións
incompletas
|
Con
maiúscula
|
Con
minúscula
|
|
este Concello (de Ames)
a Xunta (de Galicia)
o Parlamento (de Galicia)
a Administración (xeral do Estado)
|
Cando unha parte non está incluída no nome:
a Igrexa católica
o Estado español
a Administración
autonómica de Galicia
|
2. Designacións xerais,
aproximadas ou sinónimas
|
Caso
|
Con
minúscula
|
|
Denominacións xerais, aproximadas ou sinónimas
|
un pobo sen estado
ir á igrexa
a administración
doméstica
queremos un goberno que
cambie as cousas
o executivo aprobou un
decreto
|
3. Nomes de cargos
unipersoais
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
Con
minúscula
|
|
Nomes de cargos unipersoais
|
Cando se refire ao órgano administrativo correspondente:
a Secretaría Particular
do Presidente da Xunta de Galicia
|
Cando se refire á persoa:
o presidente da Xunta
recibiume hoxe
|
4. Nomes de marcas
rexistradas e modelos comerciais
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
Con
minúscula
|
|
Nomes de marcas rexistradas e modelos comerciais
|
Renault Clio, Acuarius,
Lexmark E-232, Microsoft Word
|
-Formas lexicalizadas polo seu uso:
unha aspirina, un rioxa,
un quinqué
-Variedades comerciais, especies animais e variedades vexetais:
un coñac, un gato persa,
unha mazá golden
|
6. DENOMINACIÓNS CULTURAIS
a)
Niveis de estudos e ciclos educativos, carreiras e disciplinas
|
Caso
|
Con
minúscula
|
|
Niveis de estudos e ciclos educativos
|
ensino secundario
obrigatorio, bacharelato, grao, doutorado, máster
|
|
Carreiras e especialidades
|
as carreiras de dereito,
enxeñaría e física
|
|
Disciplinas
|
estuda dereito romano e
historia do dereito
temos clase de física e
de matemáticas
|
b)
Termos científicos e técnicos
|
Caso
|
Con
maiúscula inicial
|
Con
minúscula
|
|
Postulados e principios
|
|
teorema de Pitágoras,
teoría de conxuntos, modelo de Lewis
|
|
Nomes das substancias, fórmulas, elementos químicos
|
|
xofre, auga, ácido
nítrico
|
|
Símbolos
|
-Todos os símbolos químicos: Au
(ouro), Cu (cobre), Zn (zinc)
-Algúns símbolos o sistema internacional de unidades: V (volt), W (watt), K (kelvin)
|
-Algúns símbolos o sistema internacional de unidades: m (metro), s (segundo), kg
(quilogramo)
|
|
Animais e plantas
|
-Nomes científicos:
Canis lupus, Mentha
piperita
|
-Nomes comúns:
can, menta
|
c)
Diversas denominacións temporais
|
Caso
|
Con
maiúsculas iniciais
|
Con
minúscula
|
|
Nomes dos días da semana, meses e estacións do ano
|
|
luns, xaneiro, outono
|
|
Períodos, épocas, eras e idades da historia
|
|
o paleolítico, a cuarta
glaciación, a idade media
|
|
Movementos e estilos culturais, artísticos e intelectuais
|
|
o renacemento, o
romanticismo, o dadaísmo
|
|
Etapas, episodios ou feitos considerados singulares da historia
|
o Século das Luces, o
Rexurdimento, o Maio Francés, a Revolución de Outubro, a Revolta dos Irmandiños,
a Segunda Guerra Mundial, a Guerra Civil Española, a Reconquista
|
|
|
Festividades sinaladas
|
o Vinte e Cinco de
Xullo, o Día das Letras Galegas, o Día da Nai, o Nadal, o Venres Santo
|
|
C. OUTROS USOS DAS
MAIÚSCULAS
Ademais dos seus usos para
marcar a posición dunha palabra no texto e para salientar certas voces, as
maiúsculas tamén teñen outros usos.
a)
As maiúsculas nas siglas
|
Caso
|
Con
maiúsculas
|
|
Siglas
|
ONG (organización
non-gobernamental)
ILG (Instituto da Lingua
Galega)
ONU (Organización das Nacións
Unidas)
|
b)
As maiúsculas nos números romanos
|
Caso
|
Con
maiúsculas
|
|
Número dos séculos
|
século I antes de
Cristo, século XXI
|
|
Número de edición dunha actividade
|
V Xornadas sobre
Delincuencia Xuvenil
|
|
Tomos e partes dunha obra maior
|
tomo II, parte IV
|
|
Dinastías, papas, reis e emperadores
|
atoparon restos das
dinastías XI e XII do Antigo Exipto
Xoán XXIII, Isabel II,
Carlos V
|
c)
A escrita en maiúsculas
|
Caso
|
Con
maiúsculas
|
|
Titulares
|
GALICIA EN 314 CONCELLOS
1. INTRODUCIÓN
|
|
Corpo do texto
|
SOLICITA
EXPÓN
|
d)
Observacións
1. Siglas lexicalizadas
|
Caso
|
Con
minúsculas
|
|
Siglas lexicalizadas
|
Siglas lexicalizadas:
láser (light amplification by
stimulated emision of radiation)
ovni (obxecto voador non
identificado)
|
2. Escrita en maiúsculas
|
Caso
|
Escrita
en maiúsculas
|
Escrita con inicial minúscula
|
|
Acentuación obrigatoria das maiúsculas
|
LÁPIDA, CÁLIZ, CAFÉS
|
Ámbito, Ímprobo, Éter
|
|
Escrita dos dígrafos
|
CHARO, LLENCIAS, GUERRA,
QUEIXO, CORRER, UNHA
|
Charo, Llencias, Guerra,
Queixo
|

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participares nesta páxina.