Como se sabe, a terminación –o refírese polo xeral a substantivos masculinos e a terminación –a, a substantivos femininos. Mais, aínda hoxe se escoita unha muller médico, a avogado ou o camareiro (persoa que atende os clientes en bares e restaurantes) e a camareira (muller que limpa e ordena os cuartos dun hotel). Estas e outras voces poderían ser cualificadas como exemplos de sexismo lingüístico na medida en que a forma de expresión resulta inadecuada. As marcas de sexismo lingüístico son, polo xeral, o tratamento diferenciado ou pexorativo da muller e a invisibilidade da muller no discurso.
Por que razóns se evita médica ou avogada? E por que o substantivo feminino camareira alude a unha profesión considerada de inferior categoría á do masculino camareiro? As linguas reflicten, en parte, a realidade social a través das súas palabras e os dicionarios dan testemuño desta realidade recollendo e definindo as súas voces. Nas últimas tres décadas obsérvase unha tendencia a incluír, nos compendios normativos galegos, cada vez máis novos nomes de profesións en feminino que antes non existían.
Novos femininos
Como se sabe, a terminación –o refírese polo xeral a substantivos
masculinos e a terminación –a, a substantivos
femininos. Mais, aínda hoxe se escoita unha
muller médico, a avogado ou o camareiro
(persoa que atende os clientes en bares e restaurantes) e a camareira (muller que limpa e ordena os
cuartos dun hotel). Estas e outras voces poderían ser cualificadas como exemplos
de sexismo lingüístico na medida en que a forma de expresión resulta inadecuada.
As marcas de sexismo lingüístico son, polo xeral, o tratamento diferenciado ou
pexorativo da muller e a invisibilidade da muller no discurso.
Por que razóns se evita médica
ou avogada? E por que o substantivo
feminino camareira alude a unha
profesión considerada de inferior categoría á do masculino camareiro? As linguas reflicten, en
parte, a realidade social a través das súas palabras e os dicionarios dan
testemuño desta realidade recollendo e definindo as súas voces. Nas últimas
tres décadas obsérvase unha tendencia a incluír, nos compendios normativos galegos, cada vez máis novos nomes de profesións en feminino que antes non
existían.
Na pura teoría, cada nome de profesión en masculino debería
ter a súa réplica en feminino, e viceversa. Pero non é así. Falando en termos
xerais, unha de cada cinco profesións non varía de xénero. Neste grupo inclúense algúns masculinos rematados en -o (sereno,
arrieiro, baleeiro); e femininos rematados en –a (costureira, lavandeira,
parteira). Resístense a cambiar de xénero profesións ocupadas tradicionalmente
por homes (párroco, bispo, diácono, albeite,
capataz) ou por mulleres (palilleira,
matrona, gobernanta). Así mesmo, é tendencia común en galego, coma noutras
linguas, deixar en masculino os estranxeirismos (o barman, o jockey, o chofer, o showman, o shérif); agás os
referidos a profesións exclusivamente desempeñadas por mulleres (a vedete, a top model).
As formas dobres danse, sobre todo, en substantivos con
terminacións –o/-a (abelleiro/abelleira, legado/legada, executivo/executiva),
mais tamén nas rematadas en consoante (artesán/artesá,
bailarín/bailarina, xuíz/xuíza). Os principais sufixos referidos a nomes de
profesións con formas masculina e feminina flexionadas son os seguintes:
Sufixo
|
Exemplos
|
-ólogo/ -óloga
|
teólogo/teóloga,
enólogo/enóloga, psicólogo/psicóloga
|
-ático/-ática
|
matemático/matemática,
farmacéutico/farmacéutica, gramático/gramática
|
-ivo/-iva
|
directivo/directiva,
executivo/executiva, facultativo/facultativa
|
-ado/-ada
|
maxistrado/maxistrada,
avogado/avogada, delegado/delegada
|
-eiro/-eira
|
oleiro/oleira,
alfandegueiro/alfandegueira, bombeiro/bombeira
|
-ario/-aria
|
funcionario/funcionaria,
boticario/boticaria, ferroviario/ferroviaria
|
-nte/-nta
|
axudante/axudanta,
gobernante/gobernanta, comediante/comedianta
|
-dor/-dora
|
cortador/cortadora,
mariscador/mariscadora, mergullador/mergulladora
|
-tor/-tora
|
tradutor/tradutora,
acupuntor/acupuntora, agricultor/agricultora
|
Determinados substantivos tradicionais forman o feminino
mediante os morfemas derivativos –esa,
-isa, -triz, -ina, -iña (conde/condesa,
sacerdote/sacerdotisa, actor/actriz, tsar/tsarina, rei/raíña). Outros nomes
de profesións teñen dobre xénero, aínda que manteñen invariable a forma: son os
denominados de xénero común (o/a artista,
o/a cantante, o/a amanuense). Nalgúns casos, o cambio de xénero pode
marcarse con formas distintas (azafata/auxiliar
de voo, mordomo/ama de chaves), do mesmo xeito que fan outras voces
tradicionais (xenro/nora, boi/vaca).
Poucas deberían ser as limitacións para marcar un ou outro
xénero nos nomes de profesións. A máis obvia quizais sexa que o significado da
palabra aluda a profesións que só poden ser desenvolvidas por membros dun sexo
(profesións de mulleres: a doncela, a
institutriz; profesións de homes: o
barítono, o tenor). Non se recomenda conservar parellas opostas formalmente
referidas a profesións diferentes: secretaria,
camareira e asistenta deberían ser sempre os femininos de secretario, camareiro e asistente, e non referirse a profesións
diferentes. Outro obstáculo tradicional refírese ao feito de que, polo xeral, o
feminino xa teña outro significado na lingua (a mariña, a música, a policía, a canteira, a corneta, a cazadora). Tamén
pode darse o caso de que ese significado en feminino teña connotacións pexorativas
(sarxenta, xuíza, crega); ou se
refira á ‘muller de’ en contextos coloquiais (alcaldesa, presidenta, xenerala). Cómpre vencer vellos prexuízos e
asumir estes femininos como reflexo da nova realidade social.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participares nesta páxina.